top of page

PRAZO INSCRICIÓN FINALIZADO

TALLER CON PISANDO OVOS PARA A SELECCIÓN DUN NOVO/A INTÉRPRETE PARA DIRECTO 9, próxima peza da compañía en coprodución coa AGADIC

 

DIRECTO 9 estará formado por 2 bailaríns/nas e un DJ. Buscamos alguén cun selo corporal persoal que se sume ao equipo formado por Fran Martínez,  Jas Processor, Janet Novás, Afonso Castro, Manu Lago, Miramemira e Rut Balbís.

Os ensaios serán entre xullo e setembro (estrea) 2018.

O taller terá lugar o día 9 de maio de 09.00 h a 16.00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

 

Se estás interesada/o envía antes do día 5 de maio a seguinte información:

·Nome e apelidos

·Nacionalidade

·DNI

·email e teléfono

·Curriculum

·Carta de motivación

·Fotos/Videos/links de traballos

 

Para envío de inscricións e/ou resolución de dúbidas pisandoovos@gmail.com

Creación e dirección

Rut Balbís

 

Axudante dirección

Janet Novás

 

Intepretación

Fran Martínez

Jas Processor

Un terceir@ intérprete seleccionad@ mediante proba de selección

 

Deseño de iluminación

Afonso Castro

 

Deseño espazo sonoro e deseño gráfico

Jas Processor

 

Produción e distribución 

Manu Lago

 

Vídeo

Miramemira

 

Colaboran

Teatro Ensalle de Vigo

Centro Dramático Galego

Galicia Danza Contemporánea

 

Coproduce

Centro Coreográfico Galego - AGADIC - Xunta de Galicia

 

Directo 9 é un espectáculo seleccionado para coprodución co Centro Coreográfico Galego no 2018. 

Directo 9 será estrenado en outubro de 2018 no Teatro Ensalle de Vigo.

DIRECTO 9 

Unha peza sobre o directo, un concerto onde os corpos son os protagonistas, e non só os corpos dos bailaríns.

Directo 9, a novena peza de Pisando Ovos e primeira na que Rut Balbís non forma parte do elenco: un proxecto para un Dj e dous bailaríns. Directo 9 ten como eixo principal o concepto de concerto/reunión. Directo 9 ten como base a construción escénica do espazo e o son en directo, no momento presente. Directo 9  busca  crear unha peza onde o corpo amose todo o seu potencial. Directo 9 crea un lugar de encontro sen barreiras entre o intérprete-artista e o espectador. Directo 9 invita a todxs xs asistentes a compartir ese salto ou vibración ou movemento conxunto que nos fai tolear nos concertos de masas.

bottom of page