top of page
Equipo

Equipo

EQUIPO PISANDO OVOS

 

No 2018 o equipo estable de Pisando Ovos está formado por Rut Balbís, Jas Processor, Afonso Castro e Manu Lago:

 

 

RUT BALBÍS

Creadora-coreógrafa, intérprete e docente de danza contemporánea é Licenciada en C.C. Da Actividade Física e do Deporte e realiza o One Year Certificate in Contemporary Dance en The Place (Londres).

 

En paralelo ao seu proxecto con Pisando Ovos desenvolve o seu traballo docente na Aula de Danza da Universidade de A Coruña desde 2005, ademáis de colaborar con outras compañias como Matarile Teatro, Las Tricotouses, Licenciada Sotelo, Lipi Hernández, Traspediante, Iker Gómez, Chévere, Cristina Montero, Paula Pintos....

 

Forma parte de “The Hunter Lodge” colectivo creado a partir do proxecto europeo Choreoroam 2012 e do Colectivo RPM.

 

 

 

JAS PROCESSOR

Jas Processor, quizáis un dos Djs máis versátiles da escena galega con máis de 15 anos de carreira, é un cazador e investigador de tendencias musicais de baile do pasado e contemporáneas. Incansable coleccionista,  demostrou, tanto nos seus sets en solitario como en diferentes proxectos, non deixar indiferente á audiencia, facéndoa vibrar e bailar cun estilo dinámico e vitalista. 

 

Unha das súas características máis interesantes é a súa capacidade de “procesar” o son e as cancións de forma creativa e en directo utilizando as técnicas do Dub e a remezcla como unha linguaxe propia na interacción co público e con outros artistas.

 

A realidade cultural  na que se desenvolve e os seus coñecementos levárono a promocionarse e colaborar en proxectos como República Disco Apocalipso, Soundiggers e Soundkilla Crew. Cabe destacar, tamén, a súa participación en Os atardeceres no Gaiás, Festival Curtocircuito, Festival 58, Carballo Interplay, Foundation Reggae Festival, Vibra Balboa, Reperkusión ou en clubs como Le Club, el 14!, Patachim, La Huelga, Jaranaclub ou o Puticlú.

Desde 2016 a 2020 desenvolve o seu traballo a través de 7H Cooperativa Cultural.

 

 

 

AFONSO CASTRO

Iluminador en activo desde 2003, realiza o seu traballo con compañías como Sergio Zearreta, Teatro da Lúa, Avelino González, Contado Hormigas, D2, Centro Dramático Galego, Pista 4, Teatro de Adro, Voadora, Talía Teatro, Uxía Vaello, Elefante Elegante, Cándido Pazó, Abrapalabra, Obras Públicas, Mago Teto, Las Tricotouses ou Airenoar.

 

Tamén realiza o deseño de escenografías para varios espectáculos, é axudante de dirección e dirixe Figurantes de D2. 

 

Recibe o premio María Casares 2008 pola iluminación de A Pirauga e varias nominacións en edicións posteriores.

 

 

 

MANU LAGO

Xestor, productor e/ou distribuidor de compañías como Airenoar, Las Tricotouses, Matarile Teatro, Ánxela Blanco, La Tía Mardalina, Danesga, D2, Malalúa, En pé de pedra, Teatro Galán, Mónica Cofiño, Licenciada Sotelo, Mundo Villalustre, Helen Bertels, Voadora, Sapristi, Iván Marcos, Peripecia, etc.

Actualmente traballa desde a marca galiciadanzacontemporanea.gal e é o autor do arquivocondanza.gal e istoedanza.gal.

 

Formado en Xestión Cultural pola UOC e complementado con Xestión de proxectos e espazos culturais, Cooperación Internacional, Xestión de empresas, Difusión dixital de actividades culturales,...

 

 

 

bottom of page