top of page
DIRECTO 9

DIRECTO 9

DIRECTO 9 

É a nova proposta de Pisando Ovos dirixida cara as novas linguaxes escénicas, en clave de creación contemporánea, na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade actual, e que convida a todas as asistentes a vibrar conxuntamente.

 

A creación da compañía regresa a un dos puntos máis importantes do seu traballo: a entrega total dos corpos desde as accións e movementos cotiás, nesta ocasión desde o rebote e o salto. Esta investigación coreográfica xira arredor da crudeza dos estados físicos extremos que transitan cara unha composición poética por medio dos restos de movemento e as esencias persoais que aparecen nos bailaríns.

 

O diálogo artista/masas, DJ/corpos, música/movemento, intégrase nun ambiente nocturno ou de concerto  por medio da proposta lumínica e a forte aposta pola música en directo.

Para a creadora a estrea deste espectáculo forma parte da triloxía composta por Que volvan as flores (2014), Give it a spin (2015) e Directo 9 (2018), xirando arredor da música electrónica e o desgaste físico dos corpos en directo.

 

Os corpos que asisten ao concerto DIRECTO 9 viven unha experiencia grupal en directo. Como si dos corpos dunhas atletas se tratara, levan os corpos ó encontro cos límites físicos, co desgaste e o cansanzo extremo.

A reunión é guiada pola música do DJ que encamiña ás masas nun proceso ritual cara á mimese dun salto común, cara o descontrol e a entrega total.

Unha vez superado o clímax do concerto, o íntimo e persoal contacta cos corpos baleiros, facéndoos máis fráxiles, máis transparentes.

Na dureza da paisaxe que se deixa ver xermola a beleza da humanidade.

IMG_6736.JPG

Creación e dirección

Rut Balbís

 

Axuda en dirección

Janet Novás

 

Creación e intepretación

Fran Martínez

Jas Processor

Raúl Pulido

Paula Quintas / Laura Villanueva

 

Deseño de iluminación

Afonso Castro

 

Deseño espazo sonoro e deseño gráfico

Jas Processor

 

Produción e distribución 

Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea

 

Vídeo promocional

Miramemira

 

Colaboran

Teatro Ensalle de Vigo

Centro Dramático Galego

Galicia Danza Contemporánea

NORMAL

 

Coproduce

Centro Coreográfico Galego - AGADIC - Xunta de Galicia

 

Directo 9 foi estrenado os días 3, 4, 5 e 6 de Outubro 2018 no Teatro Ensalle de Vigo e presentado en outubro no ciclo TRC Danza do Teatro Rosalía de A Coruña.

Directo 9 foi seleccionado para o programa Platea 2019 e Cantabria Escena PRO 2019.

Porque, dalgún xeito, este DIRECTO 9 amósanos que os impulsos rítmicos do directo, das artes vivas, a súa humidade, o seu contaxio vital, nunca poderán ser reemprazados polas artes virtuais nin polo mundo virtual.

AFONSO BECERRA - Revista Artezblai

 

O máis interesante de Directo 9 é, precisamente, que a compañía de Rut Balbís obriga ao público a observar dende un lugar que xa non se rexe exclusivamente polo entendemento e que debe ser enfrontado, tamén, dende a corporalidade. Trata de iniciar un diálogo no que a espera vai transformándose noutra cousa máis próxima á unha complicidade instintiva, a un escoitar e a sentir sen que se precise un concepto que envolva o acordo.

Manuel xestoso - Erregueté

A verdade é que un concerto é unha gran festa e que tamén, cada vez máis, as nosas festas teñen que ver co macroconcerto….As novas formas participativas e a proliferación dos concertos indica unha espectacularización e especialización crecente dos entornos da festa, mediados por novas convencións, tecnoloxías sonoras e estilos de interpretación….

Na actualidade, as masas, necesitamos ser atravesadas por experiencias, por historias ou por accións que nos devolvan as emocións. A sociedade moderna, desvinculada dos valores da familia, grupo ou comunidade, sigue necesitando reunirse en busca destos actos comunitarios quizáis, máis vinculados  ao entretemento e ao disfrute en comunidade.                                                                                                                                                                    

É innegable que existe un poder na música para mover aos individuos e inducir unha experiencia común. Temos así en mente a imaxe dunha masa de corpos saltando, movendo os brazos, vibrando nunha mesma dirección.                                                      

 Francisco Cruces

bottom of page