Pisando Ovos · Rut Balbís |
---|
PISANDO OVOS
Compañía de danza contemporánea desde o 2004, residente do Teatro Ensalle de Vigo e dirixida por Rut Balbís.
A base do seu proxecto artístico é a búsqueda dunha linguaxe artística propia desde o traballo co cuerpo e o movemento a través da creación escénica contemporánea, reflexada no seu interese polo tratamiento das imaxes e dos tempos lentos.
Ata agora, son nove as creacións coas que conta a compañía e coas que participa de forma habitual nas Redes de teatros autonómicas e nacionais, así como nalgúns dos festivais nacionais ou internacionais máis destacados do panorama actual das artes do movemento:
·Directo 9, Teatro Ensalle, Vigo, 2018
·Give it a spin, Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 2015
·Peza 7, Teatro Ensalle, Vigo, 2014
·Que volvan as flores, Teatro Ensalle, Vigo, 2014
·Tres, Pazo da Cultrua de Narón, 2009
·Menos 1, Teatro Ensalle, Vigo, 2008
·30000, Salón Teatro, Santiago de Compostela, 2007
·No intre 1800, Teatro Ensalle, Vigo, 2006
·N8OHX, Teatro Ensalle, Vigo, 2005
Recibe o primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007 cun extracto da súa peza No Intre 1800.
RUT BALBÍS
Ourense 1979
PREMIO DA CRÍTICA DE GALICIA de artes escénicas 2019.
Creadora-coreógrafa, intérprete e docente en artes do movemento, é Licenciada en C.C. da Actividade Física e do Deporte e realiza o One Year Certificate in Contemporary Dance en The Place (Londres).
Dirixe a súa propia agrupación Pisando Ovos desde 2004 coa que recibe o primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007. A compañía conta con nove creacións cas que participa de forma habitual nas Redes de teatros autonómicas e nacionais, así como nalgúns dos festivais nacionais ou internacionais máis destacados do panorama actual das artes vivas.
En paralelo ao seu proxecto con Pisando Ovos colabora con outras compañías de teatro e danza na dirección e asesoramento de movemento como Las Tricotouses, Chévere, Traspediante, Voadora, Paula Quintas, Masamadre ou o Centro Dramático Galego; e tamén como intérprete con Matarile Teatro, Iker Gómez, Lipi Hernández ou Licenciada Sotelo.
Rut participou en diferentes proxectos audiovisuais como os video-danza Danza na Terra (Vilaboy) e Katiuska (Antón Coucheiro), ou na curtametraxe Marcela e Elisa de Toño Chouza.
Como docente dirixiu a Aula de danza Normal da Universidade de A Coruña durante trece anos e actualmente forma parte do equipo docente de formación profesional de danza do Laboratorio Escénico Coop. de A Coruña.
Ademáis, é integrante do colectivo RPM e colaboradora habitualmente na sección de artes do movemento do Diario Cultural da Radio Galega.